jueves, 25 de abril de 2019

LER É UN PRACER

E para amosarnos que ler é un pracer, e moito máis cando a lectura escollida é do noso agrado, os peques de 2º EP trouxeron a clase os seus libros favoritos, e durante esta semana están lendoos entre todos. Boa iniciativa.




CÓMO NOS GUSTAN OS CONTACONTOS

Encántannos os contacontos! Non hai pantalla no mundo que poida competir cun conto contado cun chisco de paixón e outro pouco de teatro! No mundo dixital no que vivimos é maravilloso ver cómo os mais pequenos se quedan abraiados mentres gozan con mundos imaxinarios, personaxes divertidas e cos misterios máis dispares.

miércoles, 24 de abril de 2019

BOOKCROSSING EN MARCHA!!!!

Os vosos libros xa están viaxando! Moitas grazas.
Os puntos de recollida Oficial BookCrossing CVM están en:

  •   Escola Infantil Tranvía 
  •  Cafetería Black Rose 
  •  Xoguetería El Parque 
  •  Cafetería Jonkon 
 Xa sabedes que podedes coller libros nestes sitios e tamén deixar outros. Non é un intercambio, polo que podedes coller libros sen deixar outros no seu lugar. Iso si, unha vez lido, entregádello a outra persoa, ou volvede a deixalo onde queirades.

martes, 23 de abril de 2019

XA TEMOS MASCOTA!!!!

Por fin rematou a espera! Todos os mestres votaron a unha das 40 mascotas participantes, iso si, sen saber qué artista realizou cada unha delas, e este foi o resultado....

lunes, 22 de abril de 2019

Día do libro

Este martes 23 de abril celébrase en todo o mundo O Día do Libro. Dende a Biblioteca Escolar CVM queremos unirnos a esta celebración entrando a formar parte da maravillosa biblioteca mundial que é o BookCrossing. Para participar, moitos alumnxs do noso centro trouxeron libros que serán liberados nos puntos BookCrossing que habilitamos en diferentes lugares de Bueu. No futuro, os propietarios destes libros poderán seguir a súa viaxe grazas ao seu rexistro na web BookCrossing.com. Por mor do mal tempo non puidemos levar as caixas cos libros aos Puntos Oficiais BookCrossing que habilitamos por Bueu, pero iso si, están preparadas para sair:
Muchas Gracias!

miércoles, 17 de abril de 2019

Estreo

Hoxe estreamos o blogue da nosa Biblioteca Escolar. Un blogue que ten un comezo humilde e sinxelo pero que entre tod@s conseguiremos que estea cheo de curiosidades, anécdotas, suxerencias e contidos atractivos. A pretensión deste blogue non é outra máis alá de martervos informados de todas as actividades que se fan dende a biblioteca e de amosarvos cómo traballamos nela, non só nos recreos, senón durante toda a xornada escolar e extra-escolar. Moitas grazas por entrar neste espazo no que esperamos volver a atoparvos.