miércoles, 17 de abril de 2019

Estreo

Hoxe estreamos o blogue da nosa Biblioteca Escolar. Un blogue que ten un comezo humilde e sinxelo pero que entre tod@s conseguiremos que estea cheo de curiosidades, anécdotas, suxerencias e contidos atractivos. A pretensión deste blogue non é outra máis alá de martervos informados de todas as actividades que se fan dende a biblioteca e de amosarvos cómo traballamos nela, non só nos recreos, senón durante toda a xornada escolar e extra-escolar. Moitas grazas por entrar neste espazo no que esperamos volver a atoparvos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario